Os Bolechas fixeron felices aos nenos de Lugo

Percorreron o centro da cidade e entregaron libros aos cativos sobre un barrio ecolóxico de Lugo


Os Bolechas fixeron felices esta tarde de venres previa á cabalgata de Reis a centos de nenos de Lugo. Os famosos personaxes regalaron nun pasarrúas o seu libro sobre o barrio multiecolóxico de Lugo. 

Os famosos personaxes infantís galegos, creados por Pepe Carreiro, percorreron as rúas do centro lucense para repartir entre as nenas e os nenos o seu último conto, «Os Bolechas fan un barrio multiecolóxico en Lugo», no que, dun xeito divertido, contan como se constrúen vivendas e contornas urbanas máis ecolóxicas e sostibles. Braulio, Sonia, Loli, Pili, Carlos, Tatá e o cadelo Chispa sairon ás 18.00 horas da Praza de San Marcos, cara Santo Domingo, Rúa da Raíña e Praza Maior, onde ofreceron unha actuación musical. Posteriormente, dirixíronse ata a Praza de Campo Castelo e O Vello Cárcere, onde se celebrou o final da festa e regalaron os libros.

Os Bolechas presentan aos máis cativos neste novo libro «as actividades promovidas polo proxecto europeo Life Lugo + Biodinámico impulsado polo Concello de Lugo, pioneiro na planificación ecosostible en cidades de tamaño medio, aproveitando o uso de recursos naturais propios e potenciando a economía verde», segundo explican desde o Concello. Entre as medidas a desenvolver figuran «a construción do primeiro edificio público levantado con madeira de Galicia, o deseño do primeiro barrio multiecolóxico de España e a elaboración dun catálogo de solucións urbanísticas sostibles, exportable a outras cidades europeas».

O proxecto Life Lugo + Biodinámico está coordinado polo Concello de Lugo, co financiamento da Unión Europea a través do programa Life, do Concello e da Deputación de Lugo, e conta coas Universidades de Santiago de Compostela e a Politécnica de Madrid como socias no seu desenvolvemento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os Bolechas fixeron felices aos nenos de Lugo