Os Bolechas chegarán a Lugo o venres 4 cun libro de regalo

LUGO

Presentan un volume sobre a construción dun barrio multiecolóxico na cidade e farán un desfile pola cidade

29 dic 2018 . Actualizado a las 19:51 h.

Venres 4•?18.00 horas?• Desde San Marcos ata O Vello Cárcere?• Os personaxes da saga infantil Os Bolechas participan na construción dun barrio mulitecolóxico en Lugo, unha peripecia que replica unha das accións contempladas no programa Life Lugo+Biodinámico, un proxecto europeo liderado polo Concello de Lugo e no que tamén participan a USC e a Deputación Provincial de Lugo, ademais da Universidade Politécnica de Madrid.

Os Bolechas estarán o venres 4 na cidade para presentar o seu libro «‘Os Bolechas fan un barrio multiecolóxico en Lugo», un conto cun innegable valor engadido, xa que se trata dunha ferramenta moi acaída para transmitir e achegar ao público máis novo valores, termos e conceptos que teñen que ver coa sustentabilidade, cambio climático, economía circular, respecto polo medio ambiente e, en definitiva, coa calidade de vida.

Os Bolechas desembarcarán o venres 4 para ser protagonistas dun singular pasacalles que os levará a percorrer algunhas das principais rúas e prazas do recinto histórico lugués. A comitiva partirá ás 18.00 horas de San Marcos e rematará no Vello Cárcere, onde os organizadores agasallarán aos máis cativos con exemplares desta nova entrega dos Bolechas.