Ana Pontón visita Champivil en Vilalba

La Voz

LUGO

Tamén mantivo unha xuntanza cos militantes para trazar as liñas do BNg de Vilalba cara as eleccións do 2019

15 dic 2018 . Actualizado a las 20:08 h.

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, visitou Vilalba para manter unha serie de encontros durante a xornada. En primeiro lugar, Ana Pontón, visitou a empresa Champivil dedicada á ao procesado e comercialización de grelos, verzas, cogomelos e estrugas. Ana Pontón estivo acompañada de militantes e simpatizantes do BNG e do actual voceiro do BNG en Vilalba, Félix Jorquera. Durante a visita á empresa vilalbesa, Ana Pontón destacou a importancia da posta en marcha de iniciativas deste tipo que «son capaces de xerar valor engadido con produtos locais mantendo emprego e asentando poboación». 

Pontón lamentou as políticas do actual goberno da Xunta que «a pesares de que Feijoo manifestou que esta sería a lexislatura do rural, manteñen políticas dirixidas a que a xente emigre ou se traslade a vivir ás grandes cidades con nefastas condicións laborais». A voceira do BNG sinalou a necesidade de «potenciar as iniciativas empresarias sostibles que son capaces de transformar a produción do sector primario galego para xerar valor engadido, creando postos de traballo e fixando poboación». 

Ana Pontón mantivo tamén unha xuntanza con militantes e cargos do BNG en Vilalba para trazar as liñas de traballo de cara ás vindeiras eleccións municipais de maio de 2019.