O BNG de Lugo presenta os 14 primeiros da súa lista para as municipais

La Voz

LUGO

O candidato, Rubén Arroxo, destaca que se trata dunha candidatura renovada e con persoas «que queren a esta cidade»

14 dic 2018 . Actualizado a las 19:46 h.

O candidato á alcaldía no Concello de Lugo polo BNG, Rubén Arroxo, presentou ás persoas que conformarán o primeiro tramo da candidatura para as vindeiras eleccións municipais. Arroxo sinalou que se trata dunha lista renovada á que se incorporaron persoas «que lle queren a esta cidade e apostaron polo BNG como motor de cambio». Xunto a Arroxo e actual edila Maite Ferreiro, de número dous, o resto da lista son por esta orde: Alex Penas Roibás, Cristina López Fernández, Felipe Rivas Jorge, Alexandre Espiño Castro, Beatriz Cedrón Vilar, María Carmen Salvadores Cobas, David Vázquez Vázquez, Iria Buide Pena, Fran Ulloa Prado, Sandra Sánchez Pérez, Xosé Paz Fernández e Rexina Álvarez Prada. O BNG foi a primeira formación que definiu ao seu candidato para Lugo.