A Deputación concede a 150 deportistas individuais da provincia axudas por valor de 75.000 euros

As bolsas oscilan entre os 300 e os 1.500 euros


O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, informou este venres que o goberno provincial aprobou en Xunta de Goberno 150 axudas para deportistas individuais que se ofrecen en réxime de concorrencia competitiva, por valor de 75.000 euros. Rivera Capón destacou que son axudas coas que «dende o Goberno recoñecemos o esforzo dos nosos deportistas, que son os mellores embaixadores que podemos ter, pois levades o nome de Lugo e da nosa provincia por todo o territorio nacional e estranxeiro».

O deputado socialista indicou que «somos conscientes das dificultades que supón hoxe en día a práctica deportiva profesional, polos elevados custes de desprazamentos, inscricións en competicións ou material técnico, dificultades que se incrementan no caso dos deportes individuais, por iso quixemos estar ao voso carón e axudarvos, na medida do posible, con estas axudas», apuntou.

En total, foron 150 deportistas individuais da provincia de Lugo os que se beneficiaron destas axudas que puideron optar todos os lucenses interesados, e coas que premiou o esforzo competitivo introducindo novos criterios, totalmente obxectivos, para a súa concesión. As bolsas oscilan entre os 300 e os 1.500 euros.

Foron, concretamente un total de 82 homes (55%) e 68 mulleres (45%) os que recibiron axudas, premiando o esforzo competitivo dos deportistas, posto que por primeira vez, tivéronse en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais, sinalou Rivera.

Distribución das axudas por modalidade

A distribución das axudas é a seguinte:

- Atletismo: concedéronse un total de 67 axudas, por un valor total de 27.750 euros, que representan o 37 % do total.

- Tiro olímpico: concedéronse un total de 13 axudas, por un valor total de 6.700 euros, que representan o 8,9% do total.

- Piragüismo: concedéronse un total de 13 axudas, por un valor total de 5.850 euros, que representan o 7.8 do total.

- Tríatlon e péntatlon moderno: concedéronse un total de 13 axudas, por un valor total de 13.300 euros, que representan o 17.7% do total.

- Taekwondo: concedéronse un total de 11 axudas, por un valor total de 4.350 euros, que representan o 5.8% do total.

- Natación: concedéronse un total de 10 axudas, por un valor total de 4.300 euros, que representan o 5.7% do total.

- Karate: concedeuse 7 axuda, por un valor total de 3.350 euros, que representan o 4.4% do total.

- Loita: concedéronse un total de 6 axudas, por un valor total de 3.350 euros, que representan o 4.4% do total.

- Squash: concedeuse 2 axudas, por un valor total de 1.250 euros, que representan o 1.6 % do total.

- Orientación: concedéronse un total de 2 axudas, por un valor total de 800 euros, que representan 1.06% do total.

- Judo: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 500 euros, que representan o 0.6 % do total.

- Kickboxing: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 500 euros, que representan o 0.6 % do total.

- Xadrez: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 300 euros, que representan o 0.4 % do total.

- Golf: concedeuse 1 axuda, por un valor total de 300 euros, que representan o 0.4 % do total.

- Deportistas federación de persoas cegas: concedéronse un total de 2 axudas, por un valor total de 1.750 euros, que representan o 2.4% do total.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Deputación concede a 150 deportistas individuais da provincia axudas por valor de 75.000 euros