O Breogán saca a venda as entradas para o partido diante do Real Madrid

LUGO

OSCAR CELA

O partido é declarado día do club polo que os aboados pagarán un suplemento para presenciar o partido e terán outras vantaxes

04 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club Baloncesto Breogan abrirá este martes 4 de decembro ás 10:00 horas en taquilla online (en cbbreogan.com) un prazo de venda que pechará o vindeiro luns dia 10 de decembro ás 12:00 horas,  para que os abonados da tempada2018/2019  poidan mercar o suplemento que lles permita presenciar o partido contra o Real Madrid na súa localidade de abono (Domingo 16, 17:00 horas).

Os abonados terán que loguearse na páxina web do Club www.cbbreogan.com e premer no apartado "TAQUILLA", co seu numero de aboado e cumprimentando os datos solicitados para acceder.

Os prezos unitarios  do suplemento serán de 12 euros para os sénior, 10 para xoves e universitarios, e 8€ para a categoría infantil independentemente da zona do abono.

Os aboados do club contarán adicionalmente cun prazo exclusivo, que vai do luns día 10 as 17 horas ao xoves 13 as 14:00 horas,  para mercar unha entrada opcional adicional por cada carné de aboado, a prezo xeral,  nos asentos que queden liberados polos abonados QUE NON MERCARAN O SUPLEMENTO asi como o RESTO DE CADEIRAS DISPOÑIBLES (básicamente en fondos Campus).

Os non aboados poderán mercar as entradas restantes, si as houbera, dende o xoves 13 ás 17:00 horas a razón de dúas entradas por compra online.