Presentan a guía da olería de Samos

La Voz

LUGO

Recuperan cun estudo unha tradición case desaparecida desde mediados dos anos 50

01 dic 2018 . Actualizado a las 18:27 h.

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, participou en Samos na presentación do libro «Formas tradicionais da cerámica popular: Samos». Este texto é un estudo sobre a olaría tradicional no concello, case desaparecida dende os anos 50 do século XX. A deputada remarcou que «desde o Goberno da Deputación apoiamos a conservación do noso Patrimonio etnográfico pois non é só unha mostra máis da nosa cultura se non que é a forma que temos de manter a nosa memoria do estilo de vida. Pode que esta olaría sexa a menos coñecida da provincia, pero aínda así, tivo unha fonda repercusión na contorna durante máis de 200 anos».