Comeza o Nadal co Belén de Begonte

Ata o 26 de xaneiro poderase ver este nacemento, declarado de Interese Turístico Galego

Apertura del Belén electrónico de Begonte

A directora de Turismo, Nava Castro, en nome do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, foi a encargada de inaugurar, logo dunha misa, o Belén de Begonte, coñecido polo seu belén electrónico, un dos dous galegos de Interese Turístico de Galicia. Castro puxo de manifesto o traballo levado a cabo polos veciños para conseguir que Begonte «sexa nestas datas máis que nunca un lugar de encontro e de celebración». A piques de cumprir as súas vodas de ouro, este belén, dixo, «logrou traspasar os límites desta comarca, desta provincia, e incluso de toda Galicia». Puxo de manifesto o carácter único deste nacemento que está composto por pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento con más de 150 figuras. Este ano, os organizadores do belén incorporaron figuras que se corresponden coa matanza do porco, seguindo a tradición que manteñen cada ano facendo unha homenaxe a un oficio galego.

Xunto ao belén, o Nadal de Begonte inclúe os certames de Xornalismo, Poesía e Debuxo Infantil sobre o Nadal e outro de arte. E ao igual que na edición anterior, ponse en circulación a exposición de fotografía «Imaxes do Nadal», conxunto de obras de fotógrafos membros do Grupo Fonmiñá, que o pasado ano se expuxo en varios concellos da provincia.

O belén poderase ver ata o 26 de xaneiro. Ata o 21 de decembro e do 7 ao 26 de xaneiro, os sábados, domingos e festivos de 11 a 13 e de 15 a 19 horas; e do 22 de decembro ao 6 de xaneiro, todos os días co mesmo horario.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Comeza o Nadal co Belén de Begonte