Lugonovo pide melloras na contorna da Muralla

Pide no aniversario de ben patrimonio mundial unha reflexión sobre a conservación do monumento


Coincidindo co 18 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, Lugonovo reclama máis e mellores coidados para a parte da cidade que se atopa ao carón do monumento. «Lonxe do que se agarda dun Ben Mundial, a súa imaxe interior deixa moito que desexar. Invadida pola maleza e rodeada de edificacións que amosan un estado ruinoso, o termo desleixo é o que mellor define o envés da construción», sinala Cristina Pérez Herráiz.

Este grupo municipal pide ao goberno local que acondicione estes espazos ao tempo que sinala os importantes prexuízos que a falta de conservación está a provocar incluso na percepción coa que marchan os e as turistas que visitan o noso concello».

A edila de Lugonovo sinala que «xa non se trata só dunha cuestión estética senón tamén de salubridade, cando nos referimos, por exemplo, a vivendas como as sitas na rúa Cidade de Viveiro ou mesmo á que ocupa o número 48 da Ronda da Muralla. Inmobles que están a piques de caer e que supoñen un perigo para a cidadanía tanto polo deterioro que padecen como polo estado de abandono e sucidade dos soares que ocupan».

A voceira da formación lamenta que nada se saiba sobre os traballos realizados para acadar a extensión da declaración da UNESCO a todo o Casco Histórico, unha proposición que Lugonovo levou ao Pleno de abril de 2017», e rematou firmando que: « hoxe é un día de celebración pero tamén debera ser unha xornada na que reflexionar sobre como a administración local está a desenvolver as competencias que ten sobre a protección do patrimonio e a súa posta en valor”, conclúe a portavoz,

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lugonovo pide melloras na contorna da Muralla