Do Manifesto de Lugo á Carta dos Dereitos do Pobo Galego

Máis de medio millar de persoas participan nos actos que lembran o centenario da Asemblea Nacionalista en Lugo


Hai cen anos, en Lugo, xuntáronse destacadas personalidades de toda Galicia para participar na primeira Asemblea Nacionalista, da que saíu o famoso Manifesto de Lugo, un documento que basicamente pedía a autonomía integral de Galicia e a súa federación co resto do Estado. Con motivo desta data histórica no nacionalismo galego, máis de medio millar de persoas participaron este domingo en diversos actos para conmemorar aquela cita de 1918 e intentar relanzar as reclamacións «dos dereitos nacionais do noso país».

Vía Galega, unha plataforma na que se integran diversos colectivos de toda a comunidade, foi a encargada de promover as actividades principais e máis reivindicativas. No IES Lucus Augusti celebrouse unha asemblea na que se aprobou a Carta dos Dereitos do Pobo Galego, na que en resume se defende o dereito de autodeterminación de Galicia. Como dato simbólico, parte da lectura do preámbulo foi lida por Amalia Bóveda, filla de Alexandre Bóveda e Amalia Álvarez.

Os participantes nese encontro acudiron á unha da tarde á fachada do Hotel Méndez Núñez, onde se clausurara a asemblea de 1918, para ler un manifesto e facer unha ofrenda floral diante das placas que lembran aquel 18 de novembro. No discurso, con fortes críticas «aos partidos centralistas», incluído Esquerda Unida, fíxose un chamamento «á unidade das confluencias nacionalistas».

Os asistentes, máis de medio millar, acudiron logo ao adarve da Muralla, para facer un percorrido cívico entre A Mosqueira e a Catedral, onde representantes das asociacións Instituto de Estudos Chairegos (Marisa Barreiro), Valle-Inclán (Tonina Gay), Ergueitos (María Casar), Xermolos (Mónica Roca, en nbome de Alfonso Blanco) e Lugopatrimonio (Adolfo de Abel Vilela) fixeron lecturas de textos históricos de integrantes das Irmandades da Fala en cada porta do monumento. Ao rematar, e tralas palabras do representante de Vía Galega en Lugo, Ignacio Rodríguez Eguíbar, os asistentes cantaron o himno galego.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Do Manifesto de Lugo á Carta dos Dereitos do Pobo Galego