Lugo celebra o Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro

LUGO

Especialistas de diversas partes do mundo expoñen os diferentes avances nesta materia

07 nov 2018 . Actualizado a las 21:05 h.

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou este mércores no salón de actos do Pazo de San Marcos o Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro que se celebra dende hoxe e o venres, e que promove a Deputación. Esta iniciativa cultural, á que asisten 140 persoas, conta co apoio europeo da AEPC 2018. Ao acto de inauguración asistiron tamén autoridades locais, do Goberno de académicas. A deputada explicou que «é a primeira vez se celebra en Galicia un simposio  internacional sobre a ourivería galega, polo tanto estamos diante dunha iniciativa cultural de primeiro nivel, na que ademais interveñen os mellores expertos nesta materia. E facémolo para poñer en valor os recursos patrimoniais e arqueolóxicos que posúemos na provincia, e coa que tratamos de promover e difundir a ourivaría antiga como fonte de información e documentación».

García Porto agradeceu a implicación e o traballo de todo o equipo da Rede Museística da Deputación na realización deste novo proxecto. «Estou convencida de que esta cita contribuirá a difundir, relacionar e poñer en valor as coleccións de ourivería antiga do noso Museo, e ao mesmo servirá para coñecer as diferentes aportacións científicas existentes relacionados co ouro antigo».

Conferencia Inaugural

A conferencia inaugural do congreso foi impartida polo ourensán Marcos Martinon ?Torres, quen asumiu recentemente a Cátedra Pitt-Rivers de Ciencia Arqueolóxica, na Universidade de Cambridge, despois de varios anos liderando un grupo internacional de investigadores como Profesor of Archaeological Science na University College London.

O seu traballo céntrase na análise científica de artefactos arqueolóxicos, buscando pistas para investigar a súa fabricación, orixes ou datas. Traballou en proxectos de investigación en Europa, América, Asia e África, e os seus proxectos máis destacados concentrarse hoxe sobre Exército de Terracota de China, e ouro precolombino en Sudamérica.