O Festival de Jazz trae a Lugo 22 concertos entre os días 10 e 18

A oferta cultural e lúdica completarase con dúas jazz sessions e a proxección de dous documentais


O XXVIII Festival de Jazz de Lugo trae á cidade 22 actuacións. Ademais de concertos, a tradicional cita musical inclúe dúas jazz sessions e o visionado de dous documentais sobre a vida de Clark Terry e Lee Morgan.

A presentación do festival tivo lugar onte no Círculo das Artes a cargo da deputada de Cultura, Pilar García Porto; a alcaldesa, Lara Méndez; e o presidente e o secretario da Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz ?organizadora da cita?, Alberto Grandío e José Luis Díaz Núñez.

Todos os detalles sobre o festival están dispoñibles na web www.jazzlugo.com. A programación é a seguinte:

CÍRCULO DAS ARTES. A entrada a todos os concertos é de 12 euros.

· Domingo 11 de novembro, 20.30h, escenario 1906. Saxofonista Antonio Lizana.

· Luns 12 de novembro, 21.30h, escenario 1906. Nani García Trio e a Banda Municipal da Coruña.

· Martes 13 de novembro, 20.30h, escenario 1906. Charles McPherson Quartet.

· Mércores 14 de novembro, 20.30h, escenario 1906. David Murray Quartet.

· Xoves 15 de novembro, 20.30h, escenario 1906. Trompetista Fabrizio Bosso Special Quintet.

· Venres 16 de novembro, 20.30h, escenario 1906. Grupo de Gilad Hekselman Zuperoctave, con Aaron Parks & Kendrick Scott.

· Sábado 17 de novembro, 20.30h, escenario 1906. Grupo Yellowjackets.

· Domingo 18 de novembro, 20.30h, escenario 1906. Pianista, vocalista e compositora Sarah McKenzie.

CLUB CLAVICÉMBALO

· Sábado 10 de novembro, 23.45h. Marcos Pin e Pablo Castaño, coa súa Jazz Orchestra. Entrada: 10 euros.

· Luns 12 de novembro, 23.30h. David Regueiro Trio. Entrada: 5 euros.

· Martes 13 de novembro, 23.30h. Javier Navas Quartet. Entrada: 5 euros.

· Mércores 14 de novembro, 23.30h. Cuarteto de Moisés P. Sánchez. Entrada: 5 euros.

· Xoves 15 de novembro, 23.30h. Natanael Ramos Quintet. Entrada: 5 euros.

· Venres 16 de novembro, 23.30h. Juyma Estévez Trío; e ás 23.55h, Albert Cirera y els Tres Tambors. A entrada para os dous concertos é de 10 euros.

· Sábado 17 de novembro, 23.30h. Kike Mora Band, que interpretará temas de Marcus Miller. Ás 23.55h, Saxophobia Funk Project. A entrada para os dous concertos é de 10 euros.

CASA DO SABER DO CAMPUS TERRA DA USC

· Luns 12 de novembro, 20.00h. Eva Fernández Trio. A entrada é libre ata esgotar as localidades.

HO! GRUF. A entrada a todas as actividades é libre ata completar aforo.

· Martes 13 de novembro, 18.00h. Proxección do documental Keep´on keepin´on, sobre a vida de Clark Terry.

· Mércores 14 de novembro, 18.00h. Documental I call him Morgan, sobre a vida do trompetista Lee Morgan.

· Venres 16 de novembro, 22.00h. Jazz session a cargo de Sr.Blas.

· Sábado 17 de novembro, 13.00h. Sesión vermú coa actuación de Nastasia Zürcher. Ás 22.00h, jazz session a cargo de Sr. Blas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Festival de Jazz trae a Lugo 22 concertos entre os días 10 e 18