Esixen a retirada dos retratos dos presidentes franquistas da Deputación de Lugo

LUGO

Carlos Castro

O BNG di que hai que cumprir a Lei da Memoria Histórica

29 oct 2018 . Actualizado a las 19:04 h.

O voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, presentará unha petición formal para a retirada dos retratos dos presidentes franquistas da Deputación de Lugo. "Está nestes momentos en vigor a chamada Lei de Memoria Histórica, de obrigado cumprimento para todas as administracions", recordou o deputado. 

Segundo Ferreiro, nos corredores da planta baixa do pazo provincial están habitualmente colgados os retratos dos presidentes da institución. Na actualidade foron retirados para a súa recolocación, unha vez que se fagan os das últimas persoas que ostentaron a presidencia. O deputado nacionalista indica que este é un bon momento para a retirada definitiva.