Otero Canto presenta o seu premiado poemario

Acadou o galardón do primero certame de poesía galega da Editorial Cuestión de Belleza


O serán deste martes, na Librería Trama presentouse o libro «Sinódica luz», co que Xosé Otero Canto acadou o primeiro premio da Editorial Cuestión de Belleza en Ourense. Interviron na presentación, ademais do autor, Arturo Camba, editor; Xosé Luís Vázquez Somoza, Xulio Xiz e o clarinetista David Rodríguez Ramos.

O xurado do primeiro Certame Poesía Galega ? Editorial Cuestión de Belleza decidiu outorgar o Primeiro Premio ao poemario «Sinódica Luz», obra do poeta chairego  Xosé Otero Canto, pola orixinal e prismática ollada as luces máis íntimas do ser humano, as súas emocións, contrastadas coa máis ameazante e globalizadora escuridade exterior. Unha visión de inmensa forza expresiva, a través dunha maxistral, e persoal, riqueza léxica que acada un profundo lirismo. Unha obra de beleza global.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Otero Canto presenta o seu premiado poemario