Conferencia do profesor Xusto Beramendi

La Voz

LUGO

Terá lugar hoxe, ás 8 no salón de actos da Deputación

15 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ás oito da tarde, no salón de actos da Deputación Provincial terá lugar unha conferencia do profesor da USC Xusto Beramendi, promovida polo colectivo Lugo Patrimonio. O título da súa charla é «As Irmandades da Fala: un punto de inflexión na historia de Galicia». Esta conferencia, xunto coa de Aurora Marco López, sobre a presenza feminina nas Irmandades, que terá lugar o vindeiro 6 de novembro, é para conmemorar o centenario do manifesto das Irmandades reunidas en Lugo en 1918.