«Sen mulleres, non existiría xa o rural»

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

LUGO

CEDIDA

A Deputación defende o labor feminino no Día Internacional da Muller Rural

15 oct 2018 . Actualizado a las 20:58 h.

«Sen mulleres, non habería familias e non existiría xa o rural». Así se recolle na declaración aprobada este luns pola Deputación, co gallo do Día Internacional da Muller Rural. O texto foi lido pola responsable da área de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, que salientou o labor de quen viven en zonas rurais:«Nestes tempos de globalización e deslocalización, vivir no medio rural é tamén unha opción de filosofía e de modo de vida». Porén, dentro desas dificultades xerais hai un recoñecemento explícito ao traballo feminino: «É preciso subliñar a importancia que as mulleres tivemos, temos e teremos no mantemento do rural e da transmisión de valores, pois a muller é eixo da unidade familiar e a heroína do rural».

Na declaración tamén se fai fincapé en asuntos como a fenda salarial que aínda afasta ás mulleres dos homes nas zonas rurais. Tomando como base as axudas directas da PAC, afírmase que as mulleres reciben como media un 40,53% menos ca os homes (3.103 euros as mulleres e 5.218 os homes).