Un berro contra a violencia e a prol da cultura

A actriz Paloma Lugilde ofrece unha emotiva e directa ofrenda a Rosalía de Castro


Paloma Lugilde é transparente e muller de consenso. As decenas de persoas que acudiron á ofrenda a Rosalía de Castro puidérono comprobar, pero tamén que das súas verbas saíu un berro profundo contra a violencia. Falamos muller que, como definiu a edila de Cultura, Carmen Basadre, é unha activista do feminismo e unha traballadora incansable da cultura lucense, tanto para adultos como para nenos, desde o micro (Palimoco) ata o máximo (Universidade e Lugo Cultural).

Na ofrenda que fixo ante o busto da gran poetisa, ademais de sentimento e emoción persoal ?«grazas ao que me acompañastes ata aquí desde que cheguei a Lugo»?, Lugilde foi clara e directa: «Non foi un abuso, foi unha violación, non foi un xuízo, foi un asasinato». E ademais, deixou unha reflexión, que xa Rosalía fixera no século XIX: «Quen escribe agora a historia?». Lugilde empregou textos dun ensaio de Pilar García Negro  sobre a gran poetisa galega lembrando que tivo que combater varios frontes e no que reseñaba «a triple marxinalidade como escritora, como muller e como galega».

Pero ademais da súa faceta feminista, Lugilde quiso rodearse dos seus compañeiros de profesión, e unha representación de varias actrices e de membros da cultura lucense acompañárona nun fermoso coro de pequenos carballos plantados en botas e zapatos (como fai o contacontos Anxo Moure) que depositaron diante da imaxe de Rosalía. «Hai e existe cultura en Lugo, e queremos facer cultura», dixo unha radiante Paloma Lugilde.

Frase: «Hoxe falta tenrura, convertimos o que é anormal en normal, non falamos, non escoitamos non choramos, non berramos... produto dun medo que nos paraliza».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un berro contra a violencia e a prol da cultura