Os museos da cidade e a oficina de turismo amplían as horas de apertura durante o San Froilán

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

04 oct 2018 . Actualizado a las 11:01 h.

O Concello de Lugo amplía o horario de apertura dos centros museolóxicos da cidade e da oficina de turismo durante estas festas de San Froilán. As horas de apertura serán como as que se habilitaron durante o verán.

· CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MURALLA e OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO. Abrirá os luns, martes e mércores, de 11.00 a 13.30, e de 17.00 a 19.30 horas. Os xoves, venres e sábado, o horario será ininterrompido de 11.00 a 19.30, e os domingos, de 11.00 a 18.00 horas.

· CASA DOS MOSAICOS. Estará aberta de martes a sábado, entre as 11.00 e as 13.30, e desde as 16.00 ata as 19.30 horas. Os domingos abrirá de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas.

· CENTRO ARQUEOLÓXCIO SAN ROQUE e a SALA DE EXPOSICIÓNS DE PORTA MIÑÁ. Abrirá de mércores a sábado, de 11.30 a 13.30, e de 17.00 a 19.00 horas; e os domingos, de 11.30 a 13.30, e de 17.00 a 19.00 horas.

· MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO (MIHL). Estará aberto de martes a sábado, de 11.00 a 13.00, e de 17.00 a 20.00 horas, e domingos só en xornada de tarde.

· CASETA DE INFORMACIÓN durante as festas de San Froilán. Estará na Praza Maior, co seguinte horario:

4 de outubro: de 19.00 a 22.00 horas

5, 6, 7, 11 e 12 de outubro: de 11.00 a 15.00, e de 17.00 a 22.00 horas

8, 9 e 10 de outubro: de 12.00 a 14.00, e de 17.00 a 21.00 horas