Investigadoras e creadoras analizarán o rol da muller na literatura oral

LUGO

O sábado 27 celébrase a XI Xornada de Literatura de Tradición Oral

02 oct 2018 . Actualizado a las 09:53 h.

Sábado 27 • Todo o día • Pazo de San Marcos • Lugo • Inscrición gratuíta na web da AELG • 

Seis investigadoras e creadoras revisarán desde unha perspectiva crítica o rol da muller nos diversos xéneros da literatura oral. Será o día 27 na XI Xornada de Literatura de Tradición Oral, que organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega, co apoio da Deputación. O programa de actos é o seguinte:

· 10.30 h. Conferencia de Camiño Noia sobre o papel da muller nos contos

· 11.30 h. A avogada Estefanía Lodeiro abordará a violencia de xénero a través do refraneiro popular

· Despois. Mesa redonda das dúas investigadoras, A muller imaxinada como paradigma da muller de carne e óso

· 16.00 h. A escritora Anxos Sumai tratará da demonización da muller sabia na conferencia Meigas: as mulleres sanadoras contra a orde masculina

· 17.00 h. Faia Díaz Novo falará da visión da sociedade que transmitiron a través do cancioneiro as mulleres vinculadas ao traballo no volframio

· Ao rematar. Nova mesa redonda e recital de regueifas a cargo de Alba María e Lupe Blanco