Novembro e decembro ofrecerán teatro profesional

A Deputación lanza Proscenio, un novo programa de axudas ao sector teatral da provincia


A Deputación de Lugo pon en marcha, por primeira vez, un programa de axudas ao teatro profesional, Proscenio, ao que destinarán 25.000 euros. Poderán beneficiarse compañías profesionais de teatro de carácter privado e con dominio fiscal na provincia de Lugo.

O calendario de actuacións será dende o 1 de novembro ata o 31 de decembro, e o caché de cada representación dependerá da tipoloxía e natureza das obras, que oscilarán como máximo entre os 4.000 e os 5.500 euros.

Os concellos ou asociacións que desexen participar deberán aportar o 50% de cada actuación, e o restante correrá a cargo da Deputación.

A deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, explicou que, trala aprobación na xunta de goberno e a publicación das bases no BOP de hoxe, todos os axentes interesados (concellos, asociacións e compañías de teatro), teñen de prazo dez días naturais, é dicir, ata o 8 de setembro, para presentar toda a documentación necesaria para participar neste proxecto.

Ademais, na web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, haberá un banner con toda a información sobre esta convocatoria.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Novembro e decembro ofrecerán teatro profesional