Un novo deseño para o selo da credencial do Camiño de Santiago

María M. Guntín / S. V. LUGO / LA VOZ

LUGO

CEDIDA

O boceto representa a Muralla, a Catedral e a senda primitiva

18 ago 2018 . Actualizado a las 13:53 h.

O Concello lucense estrea un novo deseño para o selo da credencial do Camiño de Santiago, que fai alusión aos tres bens mundiais que ten a cidade de Lugo: a Muralla, a Catedral e o propio Camiño Primitivo.

O novo cuño está dispoñible dende onte para o persoal que sela as credenciais no Concello e tamén na Oficina de Turismo Municipal. O fin é o de promocionar a cidade entre os peregrinos que elixen a ruta para chegar ata a Praza do Obradoiro, en Compostela. Dar a coñecer a cidade a través da innovación e da orixinalidade con algo tan permanente coma un selo.

Programación de actividades

O Concello continúa coa programación de actividades organizadas durante este verán para dar a coñecer o Camiño.

Hoxe ten lugar unha nova xornada do ciclo De Tapas polo Camiño Primitivo, cun percorrido entre A Tinería e a Ponte Romana. Dentro dunha semana, haberá unha nova ruta de Pasos con Historia. A saída será dende a rúa Alcalde Anxo López Perez.

Para participar nalgunha das actividades culturais que oferta o Concello é preciso inscribirse na Oficina de Turismo, que está na Praza do Campo. Tamén pode facerse a través do teléfono 982 251 658. É gratuíta e inclúe o servizo de autobús que terán algúns itinerarios. O custe das consumicións non está incluído nas inscricións.