Buscan fondos para apoiar o documental sobre a fotógrafa Matilda Anderson

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

LV

12 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os responsables da edición do documental A Viaxe de Ruth, que rememora a viaxe da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson, por terras galegas, entre elas moitas bisbarras da provincia de Lugo, abriron unha campaña de apoios, tanto de particulares como de empresas, a poucas semanas do estrea do traballo que dirixiu o lugués Xosé Reigosa xunto con Xavier Pardo. Os promotores da iniciativa teñen previsto facer a estrea do seu traballo na Semana Internacional de Cine de Lugo. A produción corresponde a Asociación Cultural Dous Punto Oito. As achegas teñen recompensas como o cartel do documental e camisetas.