Ferreira de Pallares recupera o seu esplendor

Unha nova edición da feria de artesanía volver a dar protagonismo a unha parroquia con moita historia


Un ano máis, e xa van 14, e grazas ao bo facer dos membros da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en Guntín, esta parroquia volveu a encherse unha vez máis para recordar un pasado glorioso e un presente cheo de artesáns.

A feira comezou pasadas ás once da mañá xunto ao mosteiro de Ferreira, onde se deron cita artesáns da madeira, do ferro, da olería, do coiro, das xoias e artistas. Tamén houbo espazo para a degustación de filloas e para escoitar as verbas da pregoeira, a xornalista da TVG, e veciña de Guntín, Raquel Gandoy, quen precisamente lembrou o esplendoroso pasado de Ferreira e pediu ás autoridades presentes un pouco máis de atención para a conservación do patrimonio da parroquia.

Gandoy, ademais, louvou o traballo que fai a asociación de amigos do Mosteiro e puxo en valor que sigan, non sen grandes dificultades económicas, non só a feira anual, senón a convocatoria dun dos decanos dos premios de investigación, o do Condado de Pallares.

Hoxe na parroquia, que aglutina varias aldeas, viven un cento de veciños. Carlos Vázquez, presidente da asociación organizadora, lembrou que xa no século XVI, no segundo domingo de agosto, está documentada unha gran festa con 2.500 comensais de toda Galicia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Ferreira de Pallares recupera o seu esplendor