Mini, de Fuxan Os Ventos a político cazador de avésporas

LUGO

LV

O cantautor, que tamén fundou A Quenlla, loita como parlamentario contra o temido insecto

31 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O fundador do lendario grupo lucense de música galega Fuxan Os Ventos, Xosé Luis Rivas Cruz, coñecido como Mini (naceu en Pacios-Begonte hai 66 anos) loita contra as avésporas velutina. Faino como parlamentario do BNG. Esta fin de semana estivo no Incio dando unha charla e contándolle á veciñanza que se trata dunha ameaza moi seria e que é preciso que a Xunta adoite medidas eficaces para controlar a invasión desta especie invasora. Díxolles aos asistentes que xa debería estar programado un programa de trampeo de cara ao mes de setembro.

Mini estivo en Fuxan do 71 a 82, pero logo marchou con Mero, outro dos integrantes da formación. Os dous fundaron logo A Quenlla.

Aínda que é de Pacios reside en Boimorto onde deu clase e tamén foi alcalde de xeito moi fugaz xa que logo foi apeado do cargo cunha moción de censura do PP.