Eva Xanim: «Estudar a oposición foi voltar a casa»

Obtivo unha das mellores notas nas oposicións de Secundaria

M. C.
Lugo / La Voz

Eva Xanim naceu en Navia de Suarna e con só 23 anos é unha das 75 opositoras e opositores dos 536 que se presentaron que obtivo unha praza nas oposicións de educación secundaria para ser profesora de galego. Estudou Filoloxía Galega en Santiago e continuou cun mestrado do Profesarado nesa mesma universidade. Ao mesmo tempo sacou outro título da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Eva obtivo a mellor nota do seu tribunal e unha das mellores de toda a provincia lucense, no cume de Galiza.

-En que momento tomou a determinación de opositar?

?Esto é unha decisión que tomei despois de estudar Filoloxía ao ver as saídas que teñen as carreiras de letras. No mestrado temos demasiada teoría e moi pouca práctica. Eu estiven só mes e medio no Instituto Lucus Augusti, aquí en Lugo. Nadie explica as saídas cando rematas a carreira e no mestrado tampouco contan nada do proceso de oposición.

-Supoño que o estudo será durísimo, e tamén o esforzo.

-Preparar unha oposición foi como voltar á casa porque precisaba de soidade. Estudei dende setembro ata o día 23 de xuño que foi o exame. O maior problema é que a xente non entende o que é unha oposición. É igual o tempo que leves estudando porque sempre precisas máis do que tes. No último mes dubidas de todo o que sabes.

-Que consello lle daría a alguén que se plantexa opositar?

-Ter confianza nun mesmo. Merece a pena ter disciplina. Tamén hai que pensar na xente que non pode permitirse estar un ano sen traballar para estudar. Aconsello botar man dos recursos da vida cotiá. Ao tribunal gústalle que tiremos dos elementos propios e galegos, que temos moitos.

-Desborda paixón polo que fai.

-O meu é vocación polas linguas, e máis pola miña propia. Son mecanismos de poder que permiten un mergullamento moi profundo en todos os ámbitos.

-A que se enfrentou nesta oposición?

-Esta, como todas as de educación, divídese en dúas partes. A primeira ten que ver co tema e co comentario. A segunda, ca defensa do programa e unidade didáctica. Eu prioricei a programación porque quería que fora boa, adiqueille moito tempo e sempre quixen que destacase aínda no caso de ter algunha outra parte suspensa. Tamén me axudou moito un grupo do Facebook de opositores de toda Galiza no que se responden dúbidas que van dende como solicitar unha baixa por maternidade.

-Como é pois esta programación?

-Temos que prestar atención á diversidade que hai nas aulas. As clases non poden ser coma antes, nas que os profesores se adicaban a ler libros de xeito monótono. Eu aposto por un programa de lectura que inclúe a autores como Teresa Moure e Lourenzo González. Tamén inclúo unha cibercreación de Fran Alonso, que contén teatro, narrativa e poesía.

-Un panorama alentador en algo tan fundamental como a educación.

-Eu optei por unha perspectiva ecolingüística, de respecto pola diversidade das linguas. No caso do galego, esto esmorece co paso do tempo. A perda da biodiversidade vai da man da perda dos ecosistemas. Eu traballo pola recuperación de palabras perdidas con sesións dinámicas, activas e participativas que fomentan o debate. É importante educar en valores.

-Con só 23 anos conseguir unha praza en educación é froito de moito sudor e moitas horas.

-Sen dúbida. Cando fixen o exame moita xente pasaba dos 35 anos. É difícil conseguilo á primeira, por eso é importante seguilo intentando, eso é o que quero transmitirlle á xente. Tamén descubrín que a escolla normativa non era un impedimento para aprobar unha oposición como a de galego. Con traballo, antes ou despois, consíguese. Son anos bos para opositar porque se xubila moito profesorado que entrou nos anos 70.

-En setembro xa comeza a súa etapa como docente, que destinos solicitou?

-Si, neste curso xa vou dar clase. Primeiro pedín en Navia, seguida doutros municipios da montaña lucense. De último, pedín para Lugo, aínda que é máis difícil porque aínda que teño unha moi boa nota de oposición téñense en conta máis cousas.

Un grupo en Facebook con casi 10.000 personas

Pablo Rodríguez Vila creou o grupo Profesorado de Secundaria de Galicia / Galiza no ano 2014, ca finalidade de seguir falando ca xente que ía coñecendo nos distintos centros de ensino polos que pasaba. Ao rematar ese verán xa eran centos os profesores que participaban na rede. Pouco a pouco o grupo converteuse nun lugar onde se preguntaban e respondían dúbidas.

O funcionamento da páxina é mediante os fíos que crean cinco moderadores, entre os que se inclúe o creador. Pódese preguntar dende concilias familiares ata concursos de traslados, pasando por cales son os pasos a seguir para pedir unha baixa por maternidade.

INCIDENCIAS

Nas oposicións deste ano Pablo Rodríguez creou un fío, no que colaboran todos os usuarios, no que fala das adversidades ás que se presentaron os candidatos. Salóns sen ventilación a 32 grados que provocaron desmaios, presentacións de pé e repletas de eco, exercicios con erros en varias especialidades correxidos no propio exame, pero despois de que algúns opositores xa marcharan e ata limitación de folios.

Dos problemas máis fortes, a filtración dos tribunais de infantil antes de que a Xunta os publicase e que a web de consulta mostrase información que aínda non tiña que ser difundida como consecuencia dun erro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
9 votos
Comentarios

Eva Xanim: «Estudar a oposición foi voltar a casa»