Música, xogos e artesanía na área fluvial do Chamoso

Laura López LUGO/LA VOZ

LUGO

Carlos Castro

Fiestas el próximo fin de semana

24 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 28 e 29?•?Praia Fluvial do Corgo?•?Acampada libre?• O Corgo celebra esta fin de semana a XV Romaría no Chamoso, unha festa que inclúe música, gastronomía, artesanía e xogos.

Haberá, ademais, acampada libre, pulpería, merendeiros, cafetería, restaurante e piscina, xa que esta área fluvial estreou hai unhas semanas unha gran piscina ao aire libre.

Sábado 28

· 18.00h. Batuxada no Chamoso. Proba de velocidade de embarcacións feitas con material de refugallo no Río Chamoso

· Sesión de xogos e animación infantil

· Á noite festa e verbena coa orquestra Gran Parada

Domingo 29

· 12.00h. Feira de Artesanía e Demostración de Oficios Tradicionais

· Exhibición de talla de madeira con motoserras

· Apertura da festa coas actuacións de A. C. A Legua Dereita do Corgo e Os Carapaus

· 15.30h. Actuación de Pingarela (Musiqueando da Deputación Provincial de Lugo)

· 17.00h. Festival folclórico: Troupelear, Agrupación Folclórica Xilbarbeira de Boiro e A.C. A Legua Dereita do Corgo.

Coa colaboración de As Cernellas de Sta. María de Bóveda.