Parga celebra a Feira da Cantería, Callos e Artesanía esta fin de semana

LUGO

Haberá música, rutas, charlas, exhibicións ecuestres e degustación de callos

18 jul 2018 . Actualizado a las 10:20 h.

Parga celebra esta fin de semana a tradicional Feira da Cantería, Callos e Artesanía, que chega á súa vixesimocuarta edición. Haberá música, charlas, rutas, exhibicións ecuestres e, por suposto, degustación de callos.

Sábado 21

· 20.00h. CIT de Parga. Charla coloquio sobre a emigración, Experiencias dun emigrante na Habana

· 22.00h. Praza do Vinte e Oito. Concerto de Roi Casal, Son galego, son cubano

Domingo 22

· 8.00h. Chegada dos canteiros e elección de pedras

· 8.30h. Lanzamento de bombas e comezo do XXI Concurso de Cantería

· 10.00h. Apertura da Feira de Artesanía

· 10.00-12.00h. Visitas teatralizadas á Pobra de Parga*

· 11.00h. Ruta en bicicleta ao Muíño da Ruxida. Saída dende a Praza do Vinte e Oito*

· 12.00h. Actuación de música e baile tradicional galego a cargo do Grupo Xacarandaina, polas rúas de Parga, e exhibición de baile na Praza do Vinte e Oito

· 12.00h. Exhibición da extracción de resina, xunto aos galpóns da Mostra de Artesanía

· 13.00h. Comezo da venda dos callos

· 14.15h. Fallo do xurado do Concurso de Cantería

· 16.30h. Entrega de premios: 700, 500 e 200 euros

· 17.00h. Visita teatralizada á Fonte de Valdobín. Saída desde o CIT de Parga, e xogo de orientación. Destinado a un público infantil-familiar*

· 17.30h. Carreira individual por tempos no entorno do Prado do Muíño. Inscricións ata o venres 20 no 646 027 016 (Fernando Roca)

· 18.30h. Espectáculo ecuestre a cargo de Pablo Besada de Sanxenxo. Prado Muíño

· 19.00h. Peche da Mostra de Artesanía e remate da feira

*Ambas actividades precisan inscrición na Oficina de Turismo (982 370 109) ou no correo info@concellodeguitiriz.com, antes do venres 20