O BNG restaura a placa que lembra a visita de Lorca a Lugo

Fora colocada no ano 2006 e arrincada máis tarde, sen que o Concello se restituira

.

O BNG levou adiante un acto para repoñer a placa que homenaxeaba a visita de Federico García Lorca a Lugo, facéndoo ademais dentro da semana do orgullo LGTBI, a xeito de lembranza tamén da represión que sufriu este colectivo durante a ditadura Franquista. A edila Maite Ferreiro pediu unha vez máis a reposición da placa conmemorativa que fora instalada na praza de Pío XII en Lugo en outubro do ano 2006: «Quixemos lembrar desta forma a figura dun mestre das letras que foi asasinado entre outras cuestións pola súa condición sexual», afirmou Maite Ferreiro. Foi o 28 de outubro de 1916, cando Federico García Lorca tiña 18 anos, chegou por primeira vez a Lugo xunto con outros catro compañeiros da Universidade de Granada e emprendeu unha excursión de arte por diversas vilas e cidades galegas. Novamente en novembro de 1932 García Lorca visitou Lugo para impartir unha conferencia no Comité de Cooperación Intelectual. 

.

A colocación da placa conmemorativa fora iniciativa do Foro pola Memoria Republicana de Galicia e o Concello de Lugo, que aproveitaron a conmemoración dos 90 anos da primeira visita realizada polo poeta granadino á cidade de Lugo para celebrar unha serie de actos e instalar a placa na praza de Pío XII, pero ao pouco tempo foi arrincada, sen que se repuxera, ata que desde o BNG se encargaron de lembrar a pegada de Lorca na cidade e ás persoas que sufriron pola súa opción sexual.

.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O BNG restaura a placa que lembra a visita de Lorca a Lugo