Esta degustación gratuíta da mellor carne de Galicia tamén irá acompañada con pementos e pan, e de beber, cervexa, viño e refrescos. Para os máis cativos e cativas os organizadores ofrecerán pizza. Ademais haberá unha verbena a cargo do Grupo Bumerang e unha fogueira de San Xoán, a partir das 12 da noite. Para quentar motores, dende as 20.30 horas, actuará o grupo folk Xesta Verde. Tamén haberá un sorteo dun total de 350 euros en premios.