«A miña maneira de integrarme foi meterme o menos posible en política»

José David Fidalgo (Taboada, 1946) foi homenaxeado esta fin de semana no Día de Galicia en Euskadi


monforte / la voz

Era 1966 e José David Fidalgo. emigraba con 20 anos desde a súa Taboada natal ao País Vasco. Alía agardábao unha nova vida no Bilbao febril que aínda non albiscaba a reconvesión industrial. Fidalgo recibía onte durante a conmemoración do Día de Galicia en Euskadi a insignia de ouro da federación de centros galegos nesa comunidade autónoma. É un recoñecemento aos seus máis de cincuenta anos de traballo asociativo entre a colectividade galega no País Vasco.

 -Contento por esta homenaxe?

-A verdade é que fai ilusión, si. Tamén pola familia, que son os que sufriron e sufren as miñas ausencias para traballar na Casa de Galicia en Bilbao e na irmandade.

-O País Vasco de 1966 era moi distinto ao de hoxe.

-Moito. Daquela non había moito paro e eu tiven a sorte de atopar traballo enseguida. Despois empezaron as folgas, a reconversión industrial...

-Vostede traballou nuns cines.

-Empecei como axudante de cabina, pero acabei levando a administración e a contabilidade durante 22 dos cines Consulado, que acabaron absorbidos pola cadena Astoria.

-Integrouse desde o principio en asociacións galegas?

-Case desde o principio, si. Sobre todo na Casa de Galicia en Bilbao e na de Baracaldo. Eran entidades máis ríxidas, más pechadas que agora. Por exemplo, non había maneira de entrar nun baile se non ías cun socio.

-Algún problema de adaptación ao País Vasco naquela época?

-Pode que algunha vez en momentos difíciles pola tensión política te puideses atopar un pouco fóra de lugar e te retraías un pouco, pero haise que abrir. A miña maneira de abrirme e integrarme foi meterme o menos posible en política. Un ten que facer por integrarse alí onde está. E hoxe temos que recoñecer que este país que foi de acollida para nós, tamén é xa o noso país.

-Os fillos dos emigrantes que chegaron ao País Vascos nos anos sesenta e setenta estánlles tomando o relevo nos centros galegos?

-Á xente nova cústalle moito involucrarse no traballo das Casas de Galicia, quizais coa excepcióin dos grupos folclóricos, nos que sí participan. E os demais vanse facendo maiores e moitos retornan. Os centros van quedando sen esa forza, sen esa xente que loita por mantelos vivos día a día.

-Cantos centros galegos seguen abertos no País Vasco?

-Son doce, máis ou menos os mesmos que sempre. Pero hainos que van perdendo moitos socios. O bandeirín de enganche para a xente nova son as actividades relacionadas coa danza, a música, o teatro... e se os centros perden esa forza e fan menos actividades, tamén se perderá esa capacidade de enganche.

-Moitos emigrantes retornaron. E vostede que?

-Eu desde que me xubilei viaxo moito máis a Galicia. A última vez estiven na festa da carne ao caldeiro en CAstro de Carbaledo. A miña dona é de Palencia, pero di que é galega consorte e gústalle Galicia, así que por ela non habería problema. Nós temos casa en Taboada e non descarto volver, pero aquí no País Vasco están dous dos meus tres fillos, os netos...

Los gallegos del País Vasco, equilibrio entre la integración y la conservación de las raíces

La Voz

El secretario xeral de Emigración participó en la celebración del Día de Galicia en Euskadi, organizado por la Irmandade de centros del País Vasco

El secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puso a los gallegos del País Vasco como ejemplo del equilibrio entre la integración de todos los emigrantes y la conservación de su identidad. El responsable autonómico aprovechó la trigesimotercera edición de esta celebración, que tuvo lugar en la localidad alavesa de Llodio, para dar sus felicitaciones a la Irmandade de Centros del País Vasco, integrada por las trece principales entidades gallegas de esta comunidad autónoma. 

Durante el acto, que contó con la asistencia del alcalde de Llodio, Natxo Urkixo Orueta; el consejero de Cultura y Política Lingüística del País Vasco, Bingen Zupiria Gorostidi; el ex jugador de baloncesto Fernando Romay, quien ejerció de pregonero; y los presidentes de todos los centros incluidos en la Irmandade, Miranda apostó por la unidad de las entidades gallegas en el exterior, que se acercan a las 200, como fórmula para reforzar su peso y su representatividad en los lugares en los que desarrollan su actividad.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«A miña maneira de integrarme foi meterme o menos posible en política»