«Os sentimentos proceden do cerebro, non do corazón»

A artista lucense presenta este martes na Librería Trama, ás sete, o poemario «Convulsións»


Este martes, ás oito na librería Trama, presentarase o poemario «Convulsións», de Conchita Paz Montenegro. Na cita estará o autor do limiar, Manuel Celso Matalobos, ademais de Toño Núñez e Xulio Xiz.

Trátase do terceiro poemaria que edita a artista lucense e no que presenta 35 poemas en galego e 21 en castelán. «Os versos teñen que ver co propio título, as contraccións violentas e que non podemos dominar, como sacudidas do mar e da terra que implican unha explosión», explica a autora.

Montenegro sinala que hai poemas reivindicativos, recreacións ante a beleza, versos esperanzadores e outros de desencanto, poemas apaixoados e tamén instrospectivos. Hai tamén, explica a autora, versos referidos á vida cotiá da súa infancia, como a vendima. «En xeral, os versos son libres, xorden como lóstregos, con diferentes estados anímicos, pero tamén como sinala a dedicatoria do libro amósase o meu interese polos soños e pola liberdade», explica Conchita Paz Montenegro.

A autora afirma que os poemas son sinxelos, «sen rebuscamentos» e moi cercanos aos novos e ao seu sentido da xustiza. Montenegro ademais reivindica a función do cerebro fronte ao corazón: «O cerebro marca a nosa vida e o coñecemento do meu é unha temática presente nos versos, porque creo que ao corazón dáselle un significado que non ten, os sentimentos proceden do cerebro, non do corazón».

Influenzas

A poeta e artista lucense sinala que os poetas da xeración do 27 e especialmente Miguel Hernández, son os que máis lle gustan, pero tivo presente en «Convulsións» a Tagore: «Somos de pensamentos moi dispares, pero a maneira que ten de darlle importancia a aspectos pequenos e que parecen vulgares, fainos ter un punto de unión.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Os sentimentos proceden do cerebro, non do corazón»