A Festa dos Xogos Tradicionais, este sábado 2 en Muimenta

La Voz

LUGO

Haberá un cento de actividades populares e espérase a chegada de medio cento de persoas

28 may 2018 . Actualizado a las 20:39 h.

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou a décima Festa de Xogos Tradicionais que organiza a Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (Xotramu) e que terá lugar o 2 de xuño no recinto feira Manuel Vila en Muimenta, e que contará con máis de 100 xogos. Fíxoo xunto aos membros de Xotramu: Sofía Rodríguez, Xosé Darriba Pérez e Rosa Morán; que realizaron exhibicións de varios xogos populares. A Deputación colabora con Xotramu coa promoción e difusión deste evento cultural e turístico pola provincia, no que se esperan uns 500 visitantes.

Vidal Baamonde apuntou que «dende o goberno da Deputación, colaboramos con este tipo de iniciativas coas que, ademais de ofrecer unha xornada lúdica aos veciños, impulsamos a economía local, xa que se espera que durante a xornada se acheguen preto de medio milleiro de persoas non só do concello, senón de toda a zona».

Programación

A xornada comezará ás 11.00 horas no recinto feiral Manuel Vila e contará con máis de 100 xogos para todas as idades, repartidos ao longo do día. A mañá estará dirixida aos nenos dos distintos colexios. Pola tarde, repartiranse premios e faranse varios sorteos. Como peche de festa, Xermán Díaz, actuará coa súa Zanfona.

As actividades todas que se levarán a cabo son as seguintes: 11.00 horas: Apertura do recinto feiral. 11.30 horas: Xincana de xogos populares. 12.30, 15.30 e 17.30 horas: Obradoiro de Picaraxadas. 15.30 horas: campionato de billarda. 15.30 horas: Campionato de Brisca. 16.00 horas: Mesa Redonda: A importancia do xogo tradicional na cultura e na educación. 16.00 horas: Obradoiro para nenos de creación de animais con materiais naturais. 16.30 horas: Taller de Papiroflexía para nenos. 17.00 horas: competición de arrebolamento de goxo. 18.30 horas: entrega de premios, sorteos e peche de festa coa música de Xermán Díaz.

Xotramu ten como obxectivo a recuperación de xogos tradicionais. Dende o ano 2008, organiza a xornada de xogos tradicionais, que conta coa participación de asociacións de toda Galicia, Asturias e Portugal. Unha das metas da asociación é que a Festa de Xogos Tradicionais sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego.