A Deputación prosegue coas melloras na estrada de Momán ás Pontes

Trátase dunha vía moi transitada polos veciños de Xermade


A Deputación de Lugo prosegue coas melloras que solicitaron os veciños de Xernade na estrada provincial LU-P-2204, que vai dende Momán ata o veciño concello coruñés das Pontes de García Rodríguez. Trátase dunha vía moi transitada, pois é a estrada de comunicación máis rápida para ir dende esta zona da Terra Chá ata Santiago de Compostela, xa que comunica logo coa A-6. Os veciños solicitaron o seu acondicionamento e o goberno da Deputación de Lugo respondeu investindo polo de agora na mesma preto de 660.000 euros.

As obras xa están finalizadas e foron visitadas polo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e polo alcalde de Xermade, Roberto García, así como por veciños da zona, que quixeron comprobar como quedaron rematadas. As obras consistiron no aglomerado en quente, incremento do ancho da calzado e no reforzo da sinalización horizontal e vertical no treito comprendido entre os puntos quilométricos 2 e 4.

 A Deputación de Lugo investiu nestes traballos 414.000 euros. A empresa que resultou adxudicataria e polo tanto que executou as obras foi Lancer Proyectos y Obras S.A. Con anterioridade, a Deputación de Lugo mellorou con outros 240.000 euros o treito dende o quilómetro 0 ao 2. O compromiso do goberno da Deputación é acondicionar na súa totalidade esta estrada ao longo deste mandato como piden os veciños de Xermade.

Dúas deputacións implicadas

Pola provincia de Lugo, discorren 11 quilómetros desta vía, que a Deputación está a arranxar con fondos propios e en fases, é dicir, con orzamentos de distintas anualidades: primeiro destinou 240.000 euros e agora 415.000 euros, sumando case 660.000 euros. Dende ás Pontes de García Rodríguez, esta vía conta outros 1,5 quilómetros, que a Deputación da Coruña, como titular da mesma, arranxou con 140.000 euros. As deputacións de Lugo e da Coruña responden deste xeito ás peticións dos veciños.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Deputación prosegue coas melloras na estrada de Momán ás Pontes