O festival de música de Lugo ofrece máis de 15 concertos

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

As actuacións comezarán o venres 18 co Cuarteto Quiroga, que interpretará obras de Bártok e Schubert

03 may 2018 . Actualizado a las 17:57 h.

O Festival de Música Cidade de Lugo achegará máis de quince actuacións entre maio e xuño, a través da XLVI Semana de Música do Corpus, o V Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi de Lugo (organizado polo Centro Eucarístico Lucense), Tributo a Montes e unha xornada de Música na Rúa. En todos os casos, a entrada é libre e de balde ata completar a cabida.

Está organizado polo Concello de Lugo, coa colaboración da Deputación, a Diócesis de Lugo, Sociedad Filharmónica de Lugo, Centro Eucarístico Lucense, a USC e o Círculo das Artes.

O programa musical foi presentado onte pola deputada de Cultura, Pilar García Porto; a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, e o secretario da Sociedade Filharmónica de Lugo, José Luis Díaz.

· Programa da Semana de Música do Corpus-Festival de Música Cidade de Lugo:

· 18 maio. 20.30h. Círculo das Artes. Cuarteto Quiroga, A morte e a rapaza. Bártok / Schubert

· 22 maio. 20.30h. Círculo das Artes. Los Afectos Diversos & Oniria, Monteverdi e Schütz: tan cerca, tan lonxe

· 24 maio. 20.30h. Círculo das Artes. Uri Caine, The World of Yesterday: The (Lost) Soul of Europe

· 25 maio. 20.30h. Círculo das Artes. Ensemble 1700-Dorothee Oberlinger, Dmitry Sinkovsky, Vittorio Ghielmi & Olga Watts, Viaggio musicale. Telemann, Corelli, Händel, Caldara, Bach e Vivaldi

· 28 maio. 20.30h. Casa do Saber. Massimo Spadano e Fernando López Pan, As sonatas para violín e clave, de J.S. Bach

· 31 maio. 20.30h. O Vello Cárcere. Shoah for solo violín & Sacred Temple. Jorge Grundman, compositor; Vicente Cueva, violín; e Jaime Arranz, narrador

· 5 xuño. 20.30h. Círculo das Artes. Yulia Iglinova, Javier Albarés e Daniel del Pino, Mulleres compositoras

· 9 xuño. 20.30h. Círculo das Artes. Accademia del Piacere, Nuria Rial, soprano, Muera Cupido. A tradición musical teatral en España ao redor de 1700

· Programa do V Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi de Lugo:

· 1 xuño. 20.45h. Catedral. Hans Ole Thers, órgano

· 4 xuño. 20.30h. Igrexa Santiago A Nova. Lukas Gothszalk, trompeta; e Johannes Skudlik, órgano

· 6 xuño. 20.45h. Catedral. Jan Vermeire & Giulio Mercati, dous órganos

· 7 xuño. 20.45h. Capela do Seminario Diocesano. Lidia Basterretxea, soprano; Claude Hauri, cello; e Giulio Mercati, harmonium

· 11 xuño. 20.45h. Catedral. Coro Solo Voces. Inge Beck, órgano

· Programa de Tributo a Montes (Produción local):

· 21 maio. 18.30h. Igrexa Santiago A Nova. Coro Cantar Delas

· 27 maio. 20.45h. Igrexa Sntiago A Nova. Coral do Hospital de Lugo

· Música na Rúa:

· 2 xuño. Desde as 12.00 ata as 20.00 horas. Música nas rúas de Lugo a cargo do alumnado do Conservatorio e as escolas de música.