Unhas 18.000 filloas e 1.000 quilos de costelas repartiranse en Muimenta

LUGO

PALACIOS

A festa terá lugar hoxe ao longo de todo o día

01 may 2018 . Actualizado a las 10:19 h.

Hoxe • Todo o día • Recinto Feiral Manuel Vila, de Muimenta (Cospeito) • 

Muimenta celebra hoxe a Festa da Filloa, que chega xa este ano á súa vixésimosétima edición. No festexo, declarado Festa de Interese Turístico Galego, poñeranse á venda unhas 18.000 filloas, ás que haberá que sumar mil quilos de costelas para churrasco, bebidas, café e queimada, que complementan o menú desta popular festa a un prezo asequible.

Por outra parte, terá lugar a IV Exposición Cans de Caza. Os animais chegarán ás 9.00 e ás 10.15 será a valoración por parte dos xuíces. Ás 17.00, entrega de trofeos das diferentes modalidades: mellor can de raza de caza maior, mellor can de raza de caza menor, mellor cachorro de caza maior, mellor cachorro de caza menor e mellor grupo de cans de caza maior.

O pregoneiro desta edición será o cociñeiro lucense Héctor López.

A organizaciónda festa corre a cargo da comisión da feira de mostras da localidade, a Moexmu. Nela participan unhas 200 persoas, para elaborar as filoas e o churrasco e antender ao público.

O programa de actos continuará ata o día 11.