Lugomaxico será do 6 ao 12 de maio e contará con 40 actuacións, tres galas e a participación de 19 magos

LUGO

CEDIDA

As entradas xa se poden conseguir, a prezos que oscilan entre os 10, 8 e 5 euros

23 abr 2018 . Actualizado a las 21:51 h.

Do 6 ao 12 de maio celebrarase a quince edición de Lugomáxico, que como ven sendo habitual haberá actuacións en diversos espazos da cidades, colexios, centros sociais e hospitais, ademais de galas no auditorio. En total serán corenta actividades para todas as idades e nas que participarán 19 magos de España, Francia, Venezuela, Alemaña e Arxentina.

O festival arrincará o domingo día 6 cunha gala inaugural que terá lugar no Auditorio Municipal, a partir das 18.00 horas. Trátase dun espectáculo familiar de ventriloquía único en España, cargado de enerxía baseado nun programa de televisión de música, onde o público será o encargado de decidir quen é o ou a mellor cantante. As entradas xa poden adquirirse en www.entradaslugo.es. Tamén se poderán mercar nas propias instalacións do auditorio dende unha hora e media antes do espectáculo, cun prezo de 5 euros.

Haberá outras dúas galas. A do 11 de maio, co mago-músico Pepín Banzo, e gran gala internacional, o 12 de maio, a partir das 21.00 horas. O ilusionista Norbert Ferré, gañador no 2003 do Congreso Internacional de Magos, presentará o espectáculo, que contará coa participación, por primeira vez, de 6 magos: Charlie Mag, Henry Evans, Dani Polo, Huang Zheng, Manolo Costa y Mindanguillo y Katrin Weisensee. As entradas serán de 10 ou 8 euros, dependendo da zona.

No Gustavo Freire

•6 de maio. Gala inaugural: «Got rock», espectáculo familiar con Annie Sweet, Monsieur Diaz, Francis Zafrilla, Lour Caballero vis The Beat. Ás 18.00 horas. Entrada a 5 euros. Venta en www.entradaslugo.es, ou no Centro de Interpretación da Muralla ou no auditorio desde 90 minutos antes.

•11 de maio. Gala unipersonal: Pepín Banzo cun espectáculo familiar. 21.00 horas. Entradas a 10 euros na zona A e 8 na B.

•12 de maio. Gran Gala Internacional. Espectáculo familiar presentado por Norbert Ferré e coa participación de seis artistas: Charlie Mag, Henry Evans, Dani Polo, Huang Zheng, Manolo Costa y Mindanguillo y Katrin Weisensee 21.00 horas. Entradas a 10 euros na zona A e 8 na B.

Na cidade

•Do 7 ao 10 de maio. Actuacións en diferentes espazos da cidade. O programa en www.lugomaxico.es ou www.lugo.e