Presentan novas accións da Reserva dos Ancares Lucenses

La Voz

LUGO

CEDIDA

Máis de 100 persoas poderán participar nas novas actividades medioambientais e gratuítas que programa a Deputación

20 abr 2018 . Actualizado a las 18:08 h.

Abreu o prazo de solicitude para participar na nova programación de actividades medioambientais, gratuítas e para persoas de todas as idades, que o goberno da Deputación ofrece para o segundo trimestre do 2018 na Reserva dos Ancares Lucenses. Son 4 iniciativas, concretamente un campamento urbano, unha sesión sobre o aproveitamento da produción complementaria do monte, como arandos ou cogomelos, a elaboración de cervexa artesá e obradoiros de plantas medicinais e aromáticas en produción ecolóxica, cun total de 109 prazas.

Na www.deputacionlugo.gal hai un espazo habilitado, con toda a información e as actividades para as persoas interesadas en inscribirse nelas.

Programación

Navia de Suarna- Escola da Barcia

- 25 de abril, dende ás 9:00 a 15:00 horas, e o día 2 de maio, dende ás 10:00 a 14:00 horas, curso sobre a Elaboración de cervexa artesá. Nº de participantes: 24.

-23 de maio, dende ás 16:00 a 20:00 horas, Obradoiro de plantas medicinais e aromáticas en produción ecolóxica. Nº de participantes: 20.

Cervantes- Salón de Edificio usos Múltiples

- O 23 de maio de 16:00 a 18:00 horas, Charla sobre o aproveitamento da produción complementaria do monte, como por exemplo, arándonos, cogomelos ou froitos silvestres. Nº de participantes: 40.

Becerreá- Centro de Servizos Sociais (Praza da Feira da Vella)

- Os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño de 10:00 a 14:00 horas, Campamento urbano 2018. Nº de participantes: 25. Actividade infantil.