A Deputación exhibe o Luis Seoane deseñador e máis vangardista

LUGO

A exposición estará aberta desde o 19 de abril ata o 30 de xuño

20 abr 2018 . Actualizado a las 11:01 h.

Inauguración xoves 19, 20.00 horas • Sala de exposicións da Deputación de Lugo • De balde • 

A Deputación de Lugo afonda nunha exposición no Luis Seoane deseñador e máis vangardista. A mostra Luis Seoane. Deseño e diferenza, será inaugurada o xoves 19 a cargo do presidente provincial, Darío Campos. Nela indágase nesa condición de «creador total», como deseñador no mundo da cerámica, do libro ou do tapiz, e como pintor.

Está organizada pola Fundación Sargadelos, coordinada por José Luis Vázquez Montero, e compleméntase cun ensaio sobre a figura de Seoane escrito por David Barro.

Poderá visitarse ata o 30 de xuño de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30; sábados de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00; e domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.