O vigués Xosé Cid, premio Ánxel Fole de narración curta

La Voz

LUGO

cedida

O xurado concedeullo pola sua obra "Tres pintores"

09 abr 2018 . Actualizado a las 22:14 h.

O xurado do XX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, decidiu este venres outorgar o premio a Xosé Cid, residente en Vigo, pola obra "Tres pintores". Está dotado con 4.000 euros e convocouno o Concello de Lugo.

Os membros do xurado reuníronse esta tarde  baixo a presidencia, con voz e sen voto, da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Estivo composto pola filóloga, escritora e guionista Carmen Conde, o mestre, dramaturgo, poeta, narrador oral e contador de historias Lois Pérez, e o ensaísta, crítico e editor, director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado.

A entidade local convoca cada ano este premio para novelas breves ou libros de relatos, que está dotado cun único premio de 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia.