Unha experiencia nova no Colexio María Auxiliadora

LUGO

SUSO VARELA

Sesenta rapaces do centro participan nunha charla do Prensa Escuela

23 mar 2018 . Actualizado a las 22:11 h.

Na maña deste venres, sesenta alumnos do Colexio María Auxiliadora de Lugo reuníronse no salón de actos do colexio para  participar nunha charla do programa de La Voz de Galicia, Prensa Escuela. Os alumnos preguntaron sobre asuntos peculiares do xornalismo, sobre qué é necesario para facer un bo xornal e sobre que debe de facer un mozo para chegar a ser xornalista.