Siro doa tres obras da súa colección ao Museo Provincial

LUGO

oscar cela

Trátase de tres retratos feitos a Paco Pestana, Ramón Piñeiro y Celestino Fernández de la Vega

13 mar 2018 . Actualizado a las 21:28 h.

O artista e humorista gráfico Siro (Ferro, 1943) fixo entrega onte ao Museo Provincial de Lugo de tres obras da súa colección, tres retratos realizados de personaxes moi coñecidos en Lugo, como Paco Pestana, Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega.

oscar cela

No acto de doazón estivo o propio Siro e a deputada de Cultura, Pilar García, así como a directora do Museo, Aurelia Balseiro, e da Rede Museística, Encarna Lago. «Para nós é unha honra e un orgullo que os museos da rede da Deputación podan exhibir pezas dun dos mellores artistas galegos, o seu traballo é un agasallo para a nosa cultura e para todos os galegos», sinalou a deputada socialista. García Porto definiu a obra de Siro como «a dun herdeiro de Castelao, pero ao mesmo tempo creador dun estilo propio».

oscar cela

O pasado novembro, Siro presentou a súa primeira retrospectiva da súa obra no Museo Provincial, trala invitación que lle fixo o seu amigo Fernando Arribas. Nesta mostra pudiéronse ver estes retratos que agora forman parte dos fondos do museo lucense. Onte, Siro, lembrou a súa vinculación con Lugo, e especialmente o seu nome, procedente dun tío seu de Lugo que morreu na Guerra Civil.