Os alumnos do Veleiro Docampo aprenden como facer un xornal

LUGO

SUSO VARELA

Medio cento de nenos de quinto e sexto participan no programa Prensa Escuela

06 mar 2018 . Actualizado a las 16:48 h.

Os alumnos de quinto e sexto curso do colexio Veleiro Docampo de Castro de Ribeiras de Lea participaron este martes nunha charla do programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia para aprender cómo se elabora un xornal. Os rapaces, que fixeron varias preguntas sobre o proceso de selección de noticias e sobre como chegan as noticias aos lectores, desenvolven esta semana actividades entorno a semana da prensa. Los alumnos coñeceron as diferentes fases de produción de La Voz de Galicia, así como os distintos departamentos que participan no proceso.