Lugo necesita un museo romano en el cuartel de San Fernando

Historiadores, arqueólogos y arquitectos opinan sobre un centro de la romanización y el lugar para ubicarlo


lugo / la voz

Se cumplen diez años del acuerdo entre la Xunta del bipartito y el Concello para trasladar el auditorio del cuartel de San Fernando a Magoi ?desechando la propuesta ganada en concurso por Marcos Parga pero que tuvo reparos por parte de Icomos? y de crear en el cuartel un museo de la romanización, propuesta que ya había sido comprometida por la Xunta cuando gobernaba Fraga y Pérez Varela dirigía Cultura. Las quejas de la alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, por el retraso en la creación del museo romano en San Fernando y la contestación del delegado de la Xunta, José Manuel Balseiro, de que había en Lugo demasiados museos y recordándole al Concello que tiene el MIHL para utilizar, ha vuelto a abrir un eterno debate, uno más en esta ciudad.

Ana Goy. Catedrática de Historia del Arte de la USC y representante de Icomos en Galicia. «Los que proponen un colegio en San Fernando se olvidan que es un edificio BIC»

En una entrevista de La Voz (3-12-2017) a la nueva catedrática de Historia del Arte de la USC y representante de Icomos en Galicia, Ana Goy, ya dejaba claro a los que proponían un colegio en el cuartel de San Fernando que se olvidaban de que se trataba de un edificio BIC «que necesita conservar sus estructuras» y apuntaba que el proyecto que se hizo para un museo de la romanización en el cuartel «era serio» y advertía ?además del enorme valor del edificio «porque es el único modelo que queda de hospital de inválidos de la época de Carlos III»? que «cuanto más tiempo está sin uso, más deterioro tendrá». Preguntamos a una decena de destacados arquitectos, historiadores y arqueólogos su opinión sobre si Lugo debería tener un museo de la romanización y si San Fernando sería el lugar idóneo. 

Antonio Rodríguez Colmenero. Catedrático de Historia Antigua de la USC y profesor «ad Honorem»: «Houbo moito ruído, propaganda e 'alharacas, e seguimos na mesma»

«Lugo xa é un museo da romanización á vista, con esa Muralla deslumbrante. Fíxose moito traballo nos últimos 30 anos, agora ben, hai que seguir transformando e mellorando. O Museo Provincial cubre esas eivas, pero sabemos que é un museo de toda a cultura. Pensouse moitas veces en facer un museo romano, fose municipal, da Xunta ou de todos. Houbo un inicio que foi a sala de Porta Miñá, pero cumpre o seu cometido. Houbo unha segunda oportunidade cando a Xunta deseñou grandes centros de interpretación en toda Galicia, e fixo o máis fácil, pero falta o máis difícil. Logo veu o ruído, a propaganda, as alharacas, e desgraciadamente seguimos na mesma. Agora, habería que definir que tipo de museo se quere. Se dicimos de Galicia en Lugo sempre teremos o problema de que outros espazos de Galicia non van a querer depositar as súas pezas. Entón, quizais, museo da romanización de Lugo.

Onde se podería ubicar? San Fernando é un lugar ideal, no centro da cidade. Tamén creo que non ten porque estar todo nun só edificio. Por exemplo, perdeuse unha ocasión cando se fixo o MIHL, que é outra cousa, máis para fantasear, para ilustrar á xente pero con metodoloxía máis moderna. É un expositor con imaxes actuais. Fíxose con boa vontade, que me consta, pero foi unha ocasión perdida. Temos a sala do Mitreo, temos salas romanas, ou O Vello Cárcere, onde Ana Goy está intentando poñer en marcha un auténtico centro de investigación da historia da cidade. O que quero dicir é que hai que sementar e ver como crecen as árbores. Por iso defendo unha política museística de amplitude de miras. Magnífico un centro de exposición romano en San Fernando, pero concibir o museo non como un edificio. Pódese plasmar en diferentes recunchos da cidade. E iso si, clarificar ben o que se pretende».

Santiago Catalán. Arquitecto, autor de varios edificios del campus y artista: «Debe ser un museo romano y cualquier otro uso solo traerá ralentizaciones»

«Creo que dos concursos de Arquitectura convocados en el cuartel de San Fernando con diferentes fines y programas, exigen a la Administración un mínimo respeto por esas decisiones y por los muchos profesionales que se presentaron aportando ideas a un proyecto que creyeron una realidad posible y no una simple utopía. En coherencia, me parece imprescindible seguir con la idea del museo romano en ese céntrico lugar, desarrollando la idea del ganador del concurso. Dejar ya de marear la perdiz y apostar porque la ciudad tenga esta dotación tan importante a nivel cultural y turístico en el menor plazo posible. Cualquier otra propuesta de cambio de uso no hará sino reiniciar antiguas polémicas, ralentizar todo y que como otras veces nos quedemos sin nada. El tiempo apremia».

Felipe Arias. Arqueólogo, exdirector del Museo de Viladonga y exdirector xeral de Patrimonio: «Un museo abre día, tarde, noite e as fins de semana»

«O cuartel de San Fernando ten que ser un museo da romanización de Galicia. Nós recollemos a idea da rede de patrimonio arqueolóxico e cando nos fomos quedou todo organizado e preparado. Salvouse o cuartel como edificio histórico cando se quixo facer un auditorio, que era un proxecto moi agresivo para un edificio do século XVIII, e onde se pretendía cargar unha das salas do edificio. Agora, pasa o tempo e parece que Xunta faise a remolona e non está disposta a facer o museo. É un erro histórico, porque Lugo necesita un centro como museo con exposición, con almacenes y con investigación.

Sobre as características do edificio, fálase de dinamizar o centro cun colexio, pero creo que un museo pode estar aberto máis horas cun colexio, con actividades día, tarde, noite e fins de semana. Por exemplo, un auditorio non ten porque abrir todos os días, dependerá da programación, pero os museos sempre abren, e un exemplo o temos no Provincial. Un museo da romanización dinamizaría o entorno e o centro. Hai casos que o demostran, e aí están os exemplos de Mérida, Tarragona, Xixón ou Braga. Estar está todo inventado, só hai que poñer vontade política».

Ricardo Polín. Historiador, filólogo medievalista y especialista en el Camino Primitivo: Un colexio supón un desgaste nun edificio que é BIC»

«É descorazonador que a que foi capital dun convento xurídico e fundamental no noroeste siga sen contar cun símbolo, un museo da romanización. Levamos moitos anos enfangados nun debate que non é un tema da cidade, nin provincial, senón de país. Lugo merece o tratamento histórico que lle corresponde. Non sei cal é o motivo para postergalo e para evitar que se faga en San Fernando. Un exemplo máis de que falta visión de futuro e planificación. Estase a ver estas semanas co que acontece na Tinería, o corazón do casco histórico que se nos cae a cachos. Lembro que cando se iniciaron as xestións para facer un albergue de peregrinos tomouse a nefasta decisión de colocalo na Rúa Nóreas, nun recanto lúgubre e sen unha zona verde para aparcar unhas bicis. Púidose facer na Tinería, no corazón do centro, e que axudaría a fixar a diario poboación internacional e amante da cultura. O museo debería estar en San Fernando pola súa proximidade coa Muralla e porque está céntrico, ademais de darlle a posibilidade ao edificio de que se abra aos lucenses. Creo que un museo en San Fernando incrementará as visitas da cidade, daralle vida ao recinto intramuros, axudará a fixar poboación e xerará un valor de prestixio e de turismo cultural e de calidade. A idea de crear aí un colexio pode ter as súas vantaxes, pero hai que pensar que un colexio supón un desgaste nas instalacións e uns custe de mantemento moi alto nun lugar que lembremos que é BIC. O centro debe ter un colexio de nova construción. Se queremos potenciar o casco histórico pensemos en darlle valor aos recintos que temos. É unha cidade que ten peso histórico e cultural, pero o museo da romanización debe ser de toda Galicia e promovido pola Xunta. Insisto, é unha cidade marxinada e un claro exemplo de como se está a destrozar ou esquecer a todo o interior de Galicia».

Ángel Sicart.Profesor de Historia del Arte de la USC y exdirector xeral de Patrimonio: «O museo é unha idea viva e debería ser un espazo para a investigación»

«Na Xunta decidimos facer en diferentes lugares de Galicia centros de interpretación e por suposto o da romanización debería estar en Lugo. Era un entramado de centros que estarían conectados entre si. Estivemos negociando co Concello os diferentes lugares onde podería ir, pero non se chegou a un principio de acordo. Quince anos despois daquela proposta, creo que a idea segue viva, porque Lugo é, por lóxica, o epicentro da Galicia romana e creo que ademais de ter un museo debería ser un centro de investigación da historia de Gallaecia, dotado de persoal e coordinado mesmo con outras comunidades autónomas e o norte de Portugal. Para min tan importante é a exposición de pezas como un lugar de investigación científica. Un non colisiona co outro. Penso nun lugar onde traballen e se reúnan os investigadores e intercambien coñecementos».

 

Raúl Veiga. Presidente del Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Lugo: «Por espacio, debería ir el museo en Santa María, pero una obra en el cuartel debe ser respetuosa»

«Que Lugo tenga un museo de la romanización ayuda a aumentar la conciencia ciudadana. No podemos hacer un agujero así por así, es bueno que se conozca el expolio padecido en la ciudad antes de la aprobación de las ordenanzas. También tiene sentido como un sentimiento de orgullo del pasado romano. Y tomando ejemplo de otras ciudades, se ha visto que puede ser un actor económico que atraiga un turismo cultural y de calidad.

San Fernando parece un edificio simple pero es una joya del neoclásico. Cuando se construye era alta tecnología, no era un edificio cualquiera. Se construye de manera eficiente y modular. Fijémonos que enfrente se levanta casi al mismo tiempo una iglesia barroca, pero San Fernando era la modernidad, un edificio portentoso, un Centro Pompidou de la época.

Ante este panorama cualquier actuación que se haga en el edificio actual deber ser conservadora. El auditorio era una propuesta agresiva, en la que parecía que sobraba el cuartel. Hay voces que señalan que la superficie del cuartel sería escasa para un museo por sus limitaciones de espacio. Creo que sería más simbólico que fuese utilizado para un colegio o un centro cultural, siempre que se cuidasen los interiores. Un museo requiere y exige espacios amplios y accesorios, para almacén, talleres, administración, exposición... Por eso, llevarlo a Santa María sería una buena opción y está bien situado, junto a la Muralla. Otra opción para San Fernando es vincularlo con algún edificio de tipo universitario o administrativo, pero siempre público y con partes visitables. Todo dependería de las exigencias técnicas».

Xabier Moure. Historiador y miembro de Patrimonio dos Ancares: «Hai unha muralla única, pero de que vale senón hai un museo romano»

«Por suposto que debería ter Lugo un museo da romanización. No Provincial hai un montón de pezas sen expoñer porque non hai sitio e o claustro está saturado, igual que hai pezas repartidas por diferentes sitios de Lugo e da provincia, nalgúns casos amontoadas e ciscadas. Lugo tivo máis visitantes desde que a Muralla foi recoñecida patrimonio da humanidade, pero vexo a moita xente que vén a Lugo e empeza a dar voltas e voltas e non pode ver nada porque non ten acceso. Mesmo pola cidade, cal é a información que hai nas rúas sobre o pasado romano? E a que hai pasa desapercibida. Nese sentido, en Portugal son máis coidadosos. Por exemplo, sinalan os monumentos moito mellor, tes envexa. Calquera lugar xa cho avisan con bastantes quilómetros de adianto. Aquí, para chegar a Santa Eulalia de Bóveda parece unha odisea. Por outra parte, sempre me deu a impresión do pouco coñecemento que teñen os lucense do seu pasado romano, semella, ao contrario do que acontece con outras cidades, que viven de costas a un período que é a referencia de Lugo. E non falemos do resto da provincia! Paréceme moi ben que todos os anos se celebre unha festa, pero iso, claro está, é insuficiente. Por suposto, a culpa non é da xente.

Por iso, Lugo dá unha pena enorme. ¡Co que se podería facer! Vale, ten unha muralla única, pero que rendemento turístico e cultural lle sacas se o monumento non vai complementado con outras actividades ou con salas abertas e, por suposto, cun museo fundamental para entender a romanización, non só de Lugo, senón da provincia e de Galicia. Viladonga xa non dá máis de si, non caben máis caixas. E logo Lugo necesita un centro de investigación. Hai miles de pezas e de achados sen estudar, ou que se analizaron na época de pioneiros como Vázquez Seijas e Nicandro Ares, pero que hoxe non están ao acceso dos investigadores. Creo que San Fernando é o edificio que reúne as condicións, aínda que só sexa para darlle un uso a un inmoble que o necesita».

Enrique Montenegro. Historiador y autor de la tesis sobre Santa Eulalia de Bóveda: «Solo veo ventajas: más conocimientos, más conservación, más turismo de calidad... por eso no es de recibo la politización».

«Independientemente de la ubicación y de las características del museo, creo que es imprescindible que Lugo tenga un lugar de referencia del mundo romano. San Fernando podría ser complicado porque un museo que lleve salas de exposición, almacenes y espacios para la investigación quizás no cumpla los requisitos mínimos y se quedaría corto. Quizás Santa María parecería más adecuado. Eso sí, San Fernando tiene una ubicación magnífica, pero podría quedarse corto en breve plazo. Otra opción es usar dos centros, aprovechando los espacios de ambos Tenemos el ejemplo del Consorcio de Mérida, una fuente para saber cómo se pueden hacer las cosas bien y que allí se constituyó justo después de haber sido elegida patrimonio de la humanidad. Pero esto requiere de que todos estén en la misma dirección y que todos aporten medios y difusión. Lugo ha cambiado mucho en los últimos años, pero falta un paso más. Lugo tiene que compartir con el resto de la humanidad todos sus tesoros y conocimientos científicos sobre el pasado romano y a la vez recibirá a otras ciudades romanas, y a sus habitantes, lo que nos ayudará a comprender mejor nuestra historia.

Al margen de los beneficios económicos por el turismo, Lugo merece que se hagan las cosas bien. Yo solo veo ventajas, más conocimiento, más economía, más conservación, más promoción… Por eso, la politización no es de recibo. Lugo necesita más apoyo y no buscar justificaciones como las del MIHL. Hay que reconocer que ha sido un fiasco, pero eso no vale para justificar que Lugo no tenga un museo de la romanización. Por ejemplo, el Gaiás fue un error y para darle uso se volvieron a seguir cometiendo más errores».

Óscar López Alba. Arquitecto y especialista en diseño urbano: «Museo en San Fernando, pero con un estudio para no gastar millones de euros y sobredimensionarlo».

«De entrada, Lugo merece un museo de la romanización no por una deuda histórica o por promesas políticas. Las cosas se deben hacer por una necesidad y no porque sí. Hay que poner sentido en las decisiones. Por ejemplo, para mí el error histórico fue no haber hecho en San Fernando el auditorio. Un error garrafal que lo vamos a pagar. Fue un caso de falta de altura de miras y de inteligencia de futuro. Dicho esto, Galicia necesita un centro de la romanización, un lugar de referencia donde se expongan piezas romanas, sí, pero también donde se investigue, analice, se recopile todo el mundo romano de Galicia. El mejor lugar para ubicarlo es San Fernando, que es grande para ese uso. Sería un error sobredimensionarlo.

Aun así, sería necesario hacer un estudio a fondo sobre las necesidades del museo. Puede que ocupe todo o solo una parte del cuartel, o tener usos mixtos. Lo que sería un error es invertir millones de euros y sobredimensionarlo, porque en la ciudad sabemos que hay espacios culturales que ya lo están.

Lo que sí tengo claro es que el museo romano de Lugo debería aunar a toda la provincia y a toda la Galicia romana. Dispersar el patrimonio es un error, el minifundio acaba con los recursos que tenemos y nos quita del mapa. Ahora, vuelvo al inicio, Lugo necesita quitarse complejos y tener altura de miras. No pasa nada por tener un edificio contemporáneo en el centro histórico. Un edificio ordenado y capaz de generar actividad. Por ejemplo, si tuviéramos el auditorio tendríamos, además de un espacio cultural, un centro para la escuela de música, un edificio contemporáneo de referencia y un restaurante en pleno centro. Creo que Lugo adolece de arquitectura contemporánea de calidad». 

Aldolfo de Abel Vilela. Miembro de la Real Academia de la Historia y autor de numerosos libros sobre la ciudad: «Que poarta máis á economía do centro, un colexio ou un museo?»

«San Fernando ten que ser un museo da romanización. Lugo é unha cidade terciaria, cuxa vida económica depende dos ingresos dos funcionarios e dos xubilados, dous colectivos que viron reducidas as súas rendas. Ao carecer de industria, o turismo cultural sería un complemento para o desenvolvemento da cidade, xa que ten posibilidades para unha oferta baseada, entre outras cousas, no patrimonio. E nese contexto é onde xogan un papel importante na atracción de visitantes os museos, as coleccións visitables, os centros de interpretación e as boas exposicións temporais, entre outras razóns porque crean postos de traballo, directos e indirectos. A estas alturas xa sabemos que o PP non cumpre os seus compromisos con Lugo. Xa que logo, como cidadán, non só me sinto enganado senón tamén indignado. O Concello e a Deputación deberían tomar unha decisión xa, facerse cargo do edificio e comezar a rehabilitación por fases para destinalo ao Museo da Romanización Galaico Romano ou ao Museo da Historia da Cidade, transformado o MIHL nun centro de arte contemporánea de artistas lucenses.

A acción política non se debe basear en ocorrencias senón en necesidades reais. No recinto histórico vivimos unhas 3.000 persoas, na súa maioría fóra da idade reprodutiva. Por tanto, case non hai nenos. Dentro de murallas hai tres colexios: Franciscanos, Milagrosa e Quiroga Ballesteros. Ao pé da muralla, as Josefinas e os Maristas. Está disposto que os nenos se escolaricen no lugar máis próximo á súa residencia. Por iso compre preguntar, ¿fai falla no centro un colexio para 700 alumnos? ¿O representante de Lugo Monumental e a representante de Ciudadanos realmente cren que nun edificio do século XVIII, declarado BIC, case intocable, se pode facer un colexio? Que aporta máis á economía do centro histórico, ¿un museo ou un colexio? A discrepancia está a ser utilizada polo PP para xustificar o seu incumprimento. Desde o 2001, ¿non lle parecen suficiente ao PP 17 anos de reflexión?».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
20 votos
Comentarios

Lugo necesita un museo romano en el cuartel de San Fernando