Falece o artista chairego Anxo Lamas

La Voz

LUGO

SUSO PENA

Os seus restos serán velados no tanatorio de Muimenta

04 feb 2018 . Actualizado a las 22:35 h.

O artista chairego Anxo Lamas, que vivía en Bazar (Castro de Rei), faleceu esta madrugada no HULA, aos 74 anos de idade, vítima dunha longa enfermidade. Os seus restos serán velados no tanatorio de Muimenta. Mañá domingo sairá ás 16.30 horas desde o tanatorio cara Bazar, onde será enterrado.

A súa traxectoria artística estivo vinculada tanto á pintura como á escultura. Anxo Lamas donou varios dos seus traballos á Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz. Este colectivo ten previsto levalos á casa natal de Díaz Castro cando o edificio estea rehabilitado.