Falece o escritor lucense Isidro Novo

La Voz

LUGO

PRADERO

O ano pasado publicara o libro «O tabú na traslenda»

01 feb 2018 . Actualizado a las 19:13 h.

Faleceu esta mañá o escritor lucense Isidro Novo, aos 66 anos. Escribiu narrativa e poesía, con máis dunha vintena de obras publicadas, e foi xornalista e radiofonista. O autor publicara o pasado ano «O tabú na traslenda», sobre o futuro do rural galego desde unha visión optimista.

O seu restos mortais foron conducidos ao tanatorio das Arieiras polo que están a pasar numerosas persoeiros da cultura e tamén amigos e coñecidos da familia. Para mañá venres, ás seis, no local dos velatorios está prevista a celebración dun acto poético.