Sorolla, Dalí, Picasso e Warhol chegan aos museos provinciais

Mañá inaugúrase a primera mostra, no Centrad, con coleccións de instrumentos sonoros de arxila


Sorolla, Dalí, Picasso ou Warhol son algúns dos protagonistas da nova programación museística da Rede Museística Provincial e da Deputación de Lugo, que acollerá ao longo do ano máis de vinte exposicións.

Museo Provincial de Lugo

Colección Gil Varela (15 febreiro-15 abril)

Colección Álvaro Gil Varela. Pasión pola Arte. A familia Gil Varela achega de forma gratuíta parte da súa destacada colección de arte propiedade da familia ao Museo Provincial, na que se poderá ver a obra de pintores da historia da arte tan importantes como Murillo, Zuloaga, Sorolla, Ribera ou Rosales, entre outros.

De Picasso a Annish Kapur (24 abril-20 xuño)

Unha exposición pedagóxica, unha viaxe pola historia da arte contemporánea español, dende as primeiras vangardas ata as propostas posmodernas de finais do século pasado. Travesía na que estarán presentes obras dalgúns artistas internacionais, como Picasso, Andy Warhol, Dalí, Tapies ou Saura.

Pepe Galán (5 xullo-2 setembro)

Proxecto que abarca os 25 anos de traxectoria do artista amosando unha escolla da obra máis representativa do escultor galego.

Fundación Manuel Jorge (13 setembro-11 novembro)

Autor chantadino, recoñecido pola súa obra arquitectónica e pictórica, chega cunha mostra retrospectiva de retratos, esbozos e obra gráfica.

Juan Puchades (29 novembro-31 xaneiro)

Retrospectiva da obra do escultor de Cunqueiro, Puchades, enmarcada dentro dos moitos recoñecementos que está recibindo o artista valenciano, afincado en Mondoñedo, tanto pola súa obra escultórica como polo seus traballos de gravado.

Refectorio do Museo

A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda, Elías Seguro (xaneiro-abril)

Conxunto de reproducións realizadas polo restaurador e conservador de obras de arte, Elías de Segura, no ano 1927. Son debuxos e acuarelas tomadas in situ en Santa Eulalia de Bóveda, e que se conservan no Museo Arqueolóxico Nacional.

Escola de Artes Ramón Falcón (maio)

Os alumnos da escola exhiben os seus traballos, que forman parte da súa aprendizaxe ao longo de todo o curso.

Roberto González (xuño-setembro)

Crearase un diálogo entre as pezas existentes nas coleccións permanentes dos Museos da Rede e os lenzos dos artistas monfortino.

Fotografía a cegas (novembro)

Dende a Rede queren que as obras sexan accesibles, sen que os diferentes códigos de interpretación actúen como barreiras. Así nace este proxecto para que as persoas con dificultades visuais poidan interpretar as obras que se exhiben. Museos para todos entre todos.

Guerrilla de palabras, Culturas en Diálogo (decembro)

Nova proposta de marcado social na que conflúen os museos e as persoas.

Pazo de San Marcos

«Eu ti elas nosoutras. Nós + outrxs en rede»

Esta mostra continúa e amplíase cunha maior confluencia de mulleres artistas en «Eu ti elas nosoutras. Nós + outrxs en rede».

Colección Luís Seoane (12 abril-30 xuño)

Coincidindo co 50 Aniversario da Planta Circular de Sargadelos realizarase unha mostra de Luís Seoane que contén óleos, gravado, parte editorial e a cerámica do protagonista da linguaxe sargadeliana.

Premio Galicia de Fotografía (novembro-xaneiro)

Gañador deste certame fotográfico.

CENTRAD

Sons do Barro (xaneiro)

Inaugúrase mañá Sons do barro, unha colección dun centenar de instrumentos sonoros da arxila. Aberta ata o 25 de febreiro.

Programación dos Concertos do MusicAD (marzo)

Concertos gratuítos na Capela de Santa María durante este mes, para promocionar a música tradicional galega.

Exposición do traxe tradicional galego (abril)

O grupo Traxandaina, obradoiro artesán adicado á localización, estudo e reprodución do traxe galego na provincia, realizará unha mostra da súa colección.

Otero Regal (xullo)

O artista mariñán Alfonso Otero Regal é o creador da marca Regalcerámica que recibiu o Premio Nacional de Artesanía.

Zoqueiros (setembro)

Mostra sobre o traballo, a historia e as tradicións dos zoqueiros na provincia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sorolla, Dalí, Picasso e Warhol chegan aos museos provinciais