Tradescola forma sobre o pandeiro tradicional

La Voz

LUGO

Numerosos lucenses acudiron a un obradoiro impartido por Blanca Villares

14 ene 2018 . Actualizado a las 13:03 h.

Obradoiro sobre iniciación ao pandeiro. A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, impartiu un novo obradoiro de percusión tradicional, concretamente sobre o pandeiro cadrado, que tivo un gran éxito de participación. Este obradoiro, que conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, foi impartido por Branca Villares, quen ensinou as bases técnicas deste instrumento de percusión, profundizou nas súas formas e usos dentro da música tradicional galega e divulgou o seu coñecemento.