A Deputación investiu 1,2 millóns na Pastoriza para servizos públicos e emprego

La Voz

LUGO

O executivo provincial dotou de novo equipamento os centros de Loboso, Rigueira e Lousada, e iniciou a rehabilitación da Casa Galocha na Pastoriza

12 dic 2017 . Actualizado a las 10:55 h.

Os 3.200 veciños de Pastoriza beneficiáronse no último ano e medio dun investimento do Goberno da Deputación de máis de 1 millón de euros, foron concretamente 1.289.000 euros que contribuíron a acondicionar os centros socioculturais de Loboso, Rigueira e Lousada. Con cargo a este orzamento realizouse a primeira fase de rehabilitación da casa Galocha en Bretoña, ademais de mellorar o alumeado público en Bretoña, Residencia e Río Cabo, beneficiando a máis de 700 veciños.

Sobre a xeración de emprego este Concello beneficiouse dun investimento de 116.000 euros, dentro do plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia. Con cargo a este programa Pastoriza mellorou as prestacións públicas municipais a través da contratación por exemplo de 3 peóns de servizos múltiples.

Servizos Sociais. O Goberno da Deputación atende a 20 maiores da provincia a través dos servizo de Telesasistencia gratuíta do Goberno da Deputación.  Ademais o organismo provincial financia o servizo de axuda de fogar, pois a Xunta non o fai. Polo tanto Pastoriza recibe 46.000 euros para servizos sociais.

Mellora de infraestruturas. Pastoriza mellorou con 642.000 euros un treito da estrada de Meira a Pastoriza, concretamente a LU-P-3006, ademais dun treito de 10 quilómetros da LU-P-4404, de Riocabo por Piñeiro e Aldurfe, ás Rodrigas. Ademais con cargo a este orzamento realizanre melloras na estrada que transcorre dende Marco de Álvare a Caínzos, así como os accesos ao cemiterio da parroquia de Saldanxe.  E tamén  acondicionaranse camiños de acceso ao Barral, Gasalla e Abelaira.

Novas dotacións. O goberno da deputación destinou 246.000 euros para novas dotacións publicas municipais o que permitirá a adquisición dun camión, e acondicionar o centro social de Pousada, entre outras cousas.