Rivas Pol presenta unha mostra de acuarelas nun acto cun recital poético

LUGO

A inauguración da exposición será o martes 31 na Deputación

31 oct 2017 . Actualizado a las 09:39 h.

Inauguración martes 31 • 20.00 horas • Sala de exposicións da Deputación de Lugo • Entrada gratuíta. Aberta ata o día 19 •

O artista da Pontenova Antonio Rivas Pol (Xudán, 1948) inaugura o martes 31 á tarde a exposición Acuarelas da miña proximidade.

 

 

O acto estará presentado por Xulio Xiz e contará tamén cun recital poético a cargo de Jesús María Trashorras Nogueira, José Estévez e Luisa Arias (Nai chorosa, de Avelino Díaz).

 

Antonio Rivas, pintor autodidacta, presenta unha mostra das súas acuarelas, a súa técnica preferida, que dedica fundamentalmente a paisaxes e estampas de Lugo.

A mostra poderá verse na Deputación de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30, sábados de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00, e domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.