O colexio de Oural gaña o certame da Real Academia sobre as Letras Galegas

LUGO

Os alumnos do centro fixeron unha adaptación dunha peza teatral de Carlos Casares

06 oct 2017 . Actualizado a las 11:43 h.

O CEIP Antonio Fernández López, de Oural, foi un dos cinco centros galegos gañadores do certame «Contádenos o voso Día das Letras», que convocou a Real Academia Galega (RAG) e no que participaron case oitenta colexios de toda Galicia. Os gañadores recibirán un lote de libros.

O colexio de Oural realizou unha adaptación da obra teatral infantil «As laranxas máis laranxas de todas as laranxas», de Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras. Ademais, interpretaron unha peza musical co retrouso «As letras galegas de festa están / Carlos Casares, escritor universal».